Blogia
vgomez

O HALO DA VÍA LÁCTEA

O HALO DA VÍA LÁCTEA

Imaxe das dimensións do halo arrededor da Vía Láctea / CHANDRA

A nosa galaxia non deixa de marabillarnos. A sorpresa chegou esta vez da man dun equipo de astrónomos aos mandos do telescopio de raios X Chandra, da NASA. A Vía Láctea parece estar completamente rodeada por un enorme halo de gas ardente que se estende en todas direccións formando un "globo" de varios centos de miles de anos luz de diámetro.

A masa total do xigantesco halo, din os investigadores, é comparable á da suma de todas as estrelas que hai na galaxia. Se estes datos se confirman, poderían resolver o "misterio dos barións perdidos", un problema que leva máis dunha década atormentando astrónomos de todo o mundo. O estudo publicouse en The Astrophysical Journal.

Os barións son as partículas (como protóns e neutróns) que constitúen os "ladrillos" da materia sólida. De feito, o 99,9% da masa dos átomos que hai no Universo está composta de barións.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

1 comentario

M.Castro -

Chegar a este blog foi todo un achado.Os temas son sempre moi interesantes e abarcan unha gran variedade. Felicidades e moitas gracias por permitir que poidamos disfrutalo. Penso que os seus alumnos teñen moita sorte por abrir ante eles un mundo de conocimientos a parte das materias obligatorias. Ten moitísima importancia a influencia sobre posibles vocacións ou aficcións que ocupen unha parte importante nas suas vidas.
Este pasado domingo Faro de Vigo, publica na contraportada, un artigo no que unha xoven investigadora de Ourense explica un pouco o seu traballo e as circunstancias que o rodean. E unha apaixonada da ciencia en xeral e ten dado charlas en escolas inglesas, (hai pouco en galego, nunha escola onde se da o noso idioma), para explicar a nenos en que consiste o seu traballo, e como se pode acceder a él. E increíble o interese que desperta nos alumnos algo que, en principio sonáballes lonxano. Vendo a alguien xoven que lles achega ese mundo esperta a sua curiosidade e xurden as preguntas sen parar, descubrindo todo un mundo marabilloso. Quén sabe se eso pode ser a semente que faga xurdir a vocación dun novo científico.