Blogia
vgomez

UNHA SUPERTERRA CHAMADA LHS 1140b

 La constelación Ballena o Cetus alberga la estrella Tau Ceti

Constelación de Cetus (a balea) onde se atopa o planeta LHS 1140b / Imaxe:lavanguardia.com

Tras o achado das sete “terras” ao redor da anana vermella TRAPPIST-1 e do exoplaneta Proxima b ao redor da nosa estrela máis próxima (Próxima centauri), un equipo internacional de astrónomos descubriu o que podería ser o mellor candidato para buscar sinais de vida fóra do sistema solar. O exoplaneta en cuestión é LHS 1140b, unha superterra que se atopa a uns 40 anos luz de distancia da Terra na constelación de Cetus (a balea).

O planeta, que orbita ao redor dunha estrela anana vermella, ten un diámetro duns 18.000 quilómetros, unhas 1,4 veces máis grande que o da Terra e unha masa 7 veces máis grande, polo que é probable que se trate dun planeta rochoso cun núcleo denso de ferro no seu interior.

Outra das boas novas é que esta superterra atópase na zona de habitabilidade ao redor da súa estrela anana vermella (das máis comúns da galaxia), polo que ten o potencial (auga líquida e atmosfera imprescindibles) de albergar vida extraterrestre. A súa órbita é de 25 días.

Un dos coautores deste estudo, publicado na revista Nature, afirma que "é o exoplaneta máis interesante que vin na última década. É o obxectivo perfecto para levar a cabo una das misións máis grandes da ciencia: buscar evidencias de vida máis aló da Terra", explica

Os científicos destacan que esta superterra pode ser o planeta ideal para futuras observacións con obxecto de estudar e caracterizar, se a ten, a súa atmosfera.

A localización de LHS 1140b logrouse grazas á instalación MEarth-South telescope array, situada no observatorio do Cerro Tololo (Chile), lugar desde onde se detectaron os primeiros indicios de cambios de luz. Tras isto, o instrumento HARPS (High Accuracy Radial velocity Planet Searcher) do Observatorio Europeo Austral (ESO) na Cadeira (Chile), confirmou a presenza da superterra e axudou tanto a establecer o período orbital como deducir a masa e a densidade do exoplaneta.

Os expertos pensan que esta supertierra formouse na súa localización actual, fai polo menos 5.000 millóns de anos.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

0 comentarios