Blogia
vgomez

VERMES QUE BIODEGRADAN O PLÁSTICO

 

O problema do plástico é mundial. Hai pouco coñeciamos que as correntes oceánicas arrastran toneladas de microplásticos desde as cousas do Atlántico Norte ata as augas do Ártico. E é que a resistencia deste material, a súa difícil eliminación e nosa gran dependencia fan que, na actualidade, podamos atopar restos por todas partes.

O polietileno, en concreto, é un dos materiais plásticos que se empregan para a fabricación de envases alimenticios ou bolsas da compra. De media, cada persoa utiliza ao ano unhas 230 bolsas de plástico, xerando máis de 100.000 toneladas anuais deste tipo de residuos. E como consecuencia, cada ano prodúcense en todo o mundo uns 80 millóns de toneladas deste resistente material. 

A pesar das vantaxes que ofrece, o politetileno ten un principal inconveniente: a súa lenta degradación. Unha bolsa de plástico tarda uns 100 anos en desaparecer, xa que están fabricadas con polietileno de baixa densidade. No caso das máis densas e resistentes, poden tardar ata 400 anos.

Recentemente, Federica Bertocchini, investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) atopou unha posible solución natural á degradación. Bertocchini descubriu que os vermes de cera (Galleria mellonella), que se alimentan habitualmente de mel e cera dos panales de abellas, son tamén capaces de degradar este plástico.

O seu descubrimento produciuse de maneira casual. A investigadora, afeccionada á apicultura, descubriu un día que os seus panales estaban cheos duns vermes que se alimentaban do mel e cera das súas abellas. Para limpar o panal, colocou os vermes nunha bolsa de plástico e deixounos nunha habitación. Ao volver a esa estancia, viu que os insectos se habían escapado da bolsa a pesar de estar pechada e comezou un proxecto para comprobar que foran eles mesmos quen fixera os buracos.

Os resultados desta investigación do CSIC, en colaboración con Paolo Bombelli e Chris Howe da Universidade de Cambridge, publicáronse no último número da revista Current Biology.

Na actualidade, os procesos de degradación química son lentos e moi longos, podendo prolongarse durante meses. Ademais, requiren o uso de líquidos corrosivos como o ácido nítrico.

Con todo, este novo descubrimento abre a porta a outro tipo de eliminación deste material, dunha forma natural. "Realizamos moitos experimentos para comprobar a eficacia destes vermes biodegradando polietileno", sinala Bertocchini nun comunicado.

Ademais, o estudo demostra que a degradación se produce dunha maneira moi rápida: "100 vermes de cera son capaces de biodegradar 92 miligramos de polietileno en 12 horas".
 
O verme da cera ou verme de mel, é un insecto lepidóptero que pode alcanzar os tres centímetros de lonxitude na súa fase larvaria e que se atopa en todo o mundo. O seu nome débese á súa alimentación: aliméntanse do mel e a cera das colmeas das abellas. De feito, as colmeas son o lugar perfecto para o seu desenvolvemento xa que lle proporcionan unha temperatura óptima de crecemento: entre 28 e 34 graos centígrados.

As larvas do verme teñen unha expectativa de vida de entre seis e sete semanas. Ademais, caracterízanse por ser capaces de producir seda e realizar no capullo a súa última metamorfose: a súa conversión en polillas.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios