Blogia
vgomez

NATUREZA: ENCICLOPEDIAS DE CONSULTA NA REDE

NATUREZA: ENCICLOPEDIAS DE CONSULTA NA REDE

Imaxe da enciclopedia on line sobre natureza "Animal Diversity Web"

Agora que comeza o curso, na materia de Ciencias da Natureza compre contar con certos recursos á hora de consultar e  preparar traballos. Aquí che deixo un listado de enciclopedias temáticas on line sobre natureza que che poden axudar:

En español ou con esta opción:

Enciclopedia Virtual dos Vertebrados Españois creada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para achegar a información científica máis recente e rigorosa sobre vertebrados ao público xeral e concienciar sobre a súa conservación. Polo momento publicaron unhas 200 especies das 600 coñecidas en España.

Iberfauna traballo do MNCN (Museo Nacional de Ciencias Naturais) coa axuda de diversos investigadores para ofrecer un sistema centralizado de acceso público ao estado de coñecemento da fauna ibérica. Ofrece tamén unha clasificación taxonómica.

FishBase posta en marcha en 2001 polo WorldFish Center, en colaboración coa FAO  e a Unión Europea. Esta base de datos inclúe información sobre máis de 32.000 especies e subespecies de peixes, máis de 50.000 imaxes, case 300.000 nomes comúns en case 300 idiomas e máis de 47.000 referencias.

Avibase xestionada por Denis Lepage e albergada por Bird Studies Canada, co-socio de BirdLife International, é froito dun traballo duns 15 anos. Ofrece información de todas as aves do mundo, con máis de nove millóns de rexistros de 10.000 especies e 22.000 subespecies, datos sobre a súa distribución, taxonomía, sinónimos en varios idiomas, etc.

Montipedia para afeccionados ao montañismo e á natureza "de altura", con información sobre montañas, volcáns, serras, cordilleiras, etc. de todo o mundo, artigos sobre xeografía, rutas, clasificacións, galería de imaxes, dicionario terminolóxico, directorio de enlaces...

En inglés:

Amphibia desenvolvida por varias institucións centradas na conservación dos anfibios, ofrece información sobre máis de 7.000 especies de ras, sapos, tritóns ou píntegas. O seu obxectivo é alertar do declive destes seres en todo o mundo.

Animal Diversity Web é unha extensa colección on line do Museo de Zooloxía da Universidade de Michigan sobre historia natural, especies, bioloxía, etc. de miles de especies de animais. Inclúe miles de fotos, centos de arquivos de son e un museo virtual.

Palaeos fundamentada no sistema de publicación colaborativa wiki para ofrecer unha enciclopedia sobre a historia da Terra, con información biolóxica, paleontolóxica, cladística (relacións evolutivas entre organismos) e xeolóxica. Participan científicos de primeira liña como Michael J. Benton, da Universidade de Bristol.

The Plant List creado por The Royal Botanic Gardens e o Kew and Missouri Botanical Garden, pretende reunir a todas as plantas coñecidas do mundo. Ata o momento inclúe máis dun millón de nomes de especies, organizadas en 620 familias e 16.167 xéneros.

World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas, WoRMS) ten por obxectivo catalogar todos os nomes de organismos mariños, incluídos sinónimos. Leva xa máis de 200.000 especies das 240.000 coñecidas, e ofrece tamén unha fotogalería con máis de 20.000 imaxes.

Espero que che podan ser útiles!

FONTE: Revista Consumer

0 comentarios