DESCUBRIMENTO CASUAL DE GRANDES VOLCÁNS SUBMARINOS FONTE ÁS COSTAS AUSTRALIANAS
Fondo mariño / Imaxe:csirofrvblog.com
Catro enormes volcáns submarinos, que poderían ter uns 50 millóns de anos, foron accidentalmente descubertos fronte ás costas de Sídney-Australia, por un equipo de científicos que buscaba larvas de lagosta.
O grupo de volcáns foi encontrado a uns 250 quilómetros da costa, coa axuda do mapeo por sonar do chan submarino do Investigador, un novo buque australiano de investigación de alta mar.
Os catro volcáns teñen grandes cráteres en forma de cunca. O máis grande ten 1,5 quilómetros de diámetro na súa base e 700 metros de altura. Estes encóntranse a case cinco quilómetros baixo a auga.
"Fomos alí para observar os remuíños da corrente do leste de Australia e encontrar estes volcáns foi totalmente fortuíto. Imaxinemos o que pode haber á volta da esquina se continuamos explorando esta área", sinalan os investigadores, que cren que os volcáns se formaron por unha serie de cambios nas placas xeolóxicas que causaron a separación de Australia e Nova Zelandia.
O mapeo do buque Investigator cóntanos parte da historia de como Nova Zelandia e Australia se separaron fai ao redor de 40 e 80 millóns de anos, e agora axudará aos científicos a enfocarse nunha futura exploración do fondo mariño para descubrir os segredos da codia da Terra.
FONTE: rt.com/ciencia
0 comentarios