Facebook Twitter Google +1     Admin

ADIVIÑA O ANIMAL IV

Publicado: 19/01/2017 16:40 por vgomez en CURIOSIDADES
20170117195316-chita.jpg

 

A contestación correcta á pregunta de onte é o QUEBRAÓSOS .

O quebraósos (Gypaetus barbatus) é un voitre moi particular pois ten por costume voar con ósos e caparazóns ata grandes alturas para soltalos e que se partan en anacos para poder inxerilos como alimento. Por desgraza, trátase dunha especie ameazada segundo a UICN.

E agora, a pregunta de hoxe:

Pertence á familia dos félidos pero, sabes exactamente cal é?

- Un tigre

- Un guepardo

- Un leopardo

- Un xaguar

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.