ADIVIÑA A NEBULOSA XI
A solución á proposta de onte é: A Nebulosa da Hélice. É unha nebulosa planetaria situada na constelación de Acuario, a uns 680 anos luz de distancia (é unha das nebulosas planetarias máis próximas). O seu aspecto é moi similar á Nebulosa do Anel, pero esta última atópase na constelación de Lyra.
E imos coa proposta de hoxe!
11. A estrela hipergigante Eta Carinae é 5 millóns de veces máis brillante que o Sol e atópase dentro de...
- A Nebulosa da Tarántula
- A Nebulosa Pata de Gato
- A Nebulosa da Quilla
FONTE: muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
0 comentarios