Blogia
vgomez

CHEGAN AS PERSEIDAS

 

As  Perseidas, tamén coñecidas como as Bágoas de San Lorenzo pola súa proximidade coa data no santoral (10 de agosto, San  Lorenzo), pódense contemplar dende o 12 de xullo ata o 23 de agosto, pero os días con maior actividade son as madrugadas do 10, 11 e 12 de agosto, e a noite máis intensa por excelencia, a do 12-13 de agosto.

Esta choiva de estrelas recibe o seu nome  por ter o seu radiante na constelación de  Perseo, isto é, o punto do que parecen partir os  meteoros que proveñen do cometa 190 P/ Swift  Tuttle (de 26 quilómetros de diámetro), que cada 133 anos completa unha viaxe a través do sistema solar interno deixando tras de si un ronsel de po e area. Cando a Terra pasa a través da zona de cascallos, as partículas do cometa vense atraídas pola nosa gravidade e golpean a atmosfera do planeta,  desintegrándose e deixando os brillantes escintileos de luz que poden cruzar o ceo a unha velocidade de entre 56 e 72 km/s.

Segundo os astrónomos, espéranse uns 60-70  meteoros por hora pero, é posible que nalgúns momentos da noite, podamos chegar a contemplar entre 150 e 200  meteoros por hora.

A Lúa está nas mellores condicións, pois dende hoxe atópas en fase de Lúa Nova, pero parece que na noite do domingo estará o ceo cuberto, o que impedirá ver As Perseidas ben. Por iso tes a posibilidade de velo en directo na emisón de sky-live.tv que podes seguir na parte superior.

Bo avistamento!

FONTE: revistamuyinteresante.es

0 comentarios