Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Un pequeno pobo serrano situado a 63 quilómetros ao noroeste de Madrid, Robledo de Chavela, xogou un papel fundamental para que o 16 de xullo de 1969 o home pisase a Lúa por primeira vez. Así o recoñeceu o propio Neil Armstrong: "sen as vitais comunicacións mantidas entre o Apollo 11 e a estación madrileña, a nosa aterraxe na lúa non sería posible". En realidade o astronauta norteamericano referíase a dúas bases distintas, a de Robledo e a de Fresnedillas de la Oliva, situadas a escasos 25 quilómetros de distancia naquel ano, aínda que na actualidade a segunda xa fose desmantelada, pero iso non resta méritos á participación española naquel fito tan relevante da conquista espacial. O agora coñecido como Madrid Deep Space Communications Complex (Complexo de Comunicacións do Espazo Profundo de Madrid), foi inaugurado en 1964, e unha das súas antenas recibiu a primeira foto da Terra vista desde a Lúa o 23 de agosto de 1966 retransmitida desde o Lunar Orbiter.

Naqueles anos sesenta, cunha España atrasada respecto ao resto de Europa por culpa da ditadura, a NASA tiña unhas connotacións case lendarias, de resonancias tecnolóxicas chegadas desde o outro lado do Atlántico. As estacións espaciais no noso país eran entes estraños, tan exóticos que mesmo inspiraron unha divertida película "O astronauta", protagonizada por Toni Leblanc, na que un grupo de iluminados con pouco talento e menos diñeiro empeñábanse en colocar un foguete español na lúa. Os tempos, obviamente, cambiaron moito e hoxe o MDSCC é un centro punteiro que pertence á rede internacional de antenas de radio coordinadas pola NASA, que serven como apoio a misións interplanetarias de naves espaciais, así como a observacións de astronomía e de radar para a exploración do Sistema Solar e do universo.

Unha das funcións da estación actualmente é a comunicación coas naves (orbitadores ou vehículos de superficie) que están a explorar Marte, un dos planetas que maior interese esperta na comunidade científica debido as grandes posibilidades que ten de converterse no próximo que pisen os seres humanos. As antenas do MDSC non serven unicamente para recibir información, tamén poden ser utilizadas como radiotelescopios. Son compartidas para realizar diferentes experimentos de observación de galaxias afastadas, buracos negros, outros planetas ou outras estrelas que sexan de interese científico.
 

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El Pais/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next