Blogia
vgomez

MADEIRA TRANSPARENTE?

Un primeiro plano da madeira transparente creada / Instituto Real de Tecnoloxía (KTH)

Científicos do Instituto Real de Tecnoloxía (KTH) en Estocolmo (Suecia), baixo a dirección de Lars Berglund, levan tres anos perfeccionando un modo barato de producir madeira transparente a gran escala. A gran vantaxe deste material é que é renovable e pode ser usado en paneis solares.

Máis recentemente, os investigadores do KTH presentaron novas propiedades desta madeira na conferencia anual da Sociedade de Quimica de América, celebrada en Orlando (EE.UU.). Os investigadores revelaron como esta madeira é capaz de cambiar de cor en función da temperatura, grazas a un tratamento. Aínda que a madeira é parcialmente opaca, faise máis clara a medida que almacena máis calor.

Como o fan? En primeiro lugar, empregan madeira de bidueiro prateado, á que lle retiran a lignina por medio dunha reacción química. Este composto é un dos biopolímeros máis abundantes do planeta, e caracterízase polo seu papel estrutural en plantas e algas. Ademais, ten a capacidade de absorber luz (senón, os troncos quizais serían transparentes). "Cando se retira a  lignina, a madeira vólvese  preciosamente branca", indican nun comunicado.

Despois de tratar a madeira, modifícana para cambiar as súas propiedades térmicas. Fano mediante a adición dun material de cambio de fase (PCM), que é aquel capaz de cambiar de estado sólido a líquido ou viceversa, e que ao facelo almacena ou libera grandes cantidades de calor. Neste caso, o PCM está feito dunha solución de polietilenglicol, que queda atrapada na estrutura interna da madeira.

Os investigadores descubriron que modificando o peso molecular do PEG é posible axustar o rango de temperaturas no cal a madeira cambia a súa transparencia.

Espérase que no futuro póidase fabricar xanelas, paneis solares ou mesmo fachadas semitransparentes con este tipo de madeira. No futuro, tamén tratarán de traballar con outros tipos de madeira. A gran vantaxe deste material, á parte de ser renovable, é que a madeira é forte, dura, pouco densa e pouco condutora  térmicamente. Polo menos ata o seu tratamento.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios