Facebook Twitter Google +1     Admin

O CAMBIO CLIMÁTICO I

Publicado: 10/03/2017 21:52 por vgomez en ZONA VERDE

imagen noticia

Efecto invernadoiro / Imaxe: climantica.org

 

O cambio climático é, sen dúbida, unha realidade e o principal reto ambiental ao que se enfronta o planeta na actualidade. Aínda que pode chegar a parecer algo afastado e distante, con todo afecta a todas as persoas por igual. Imos respondeao longo de catro días a catro preguntas para entender que é o cambio climático, cales son as súas consecuencias, que se fai e que podemos facer.

Comezamos coa primeira…

Que é o cambio climático e que o ocasiona?

O cambio climático é, sen dúbida, unha realidade e o principal reto ambiental ao que se enfronta o noso planeta na actualidade. Existe un consenso entre a comunidade científica de que, desde 1850 (revolución industrial), está asociado ás actividades de produción e hábitos de consumo das persoas que xeran a emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI). No pasado existiron outros cambios climáticos, como as idades de xeo, pero eran ocasionados por causas naturais.

Aínda que o cambio climático é un proceso natural, comprobouse que no último século as causas do seu rápido desenvolvemento e aumento son sobre todo antropoxénicas, é dicir, xeradas polo ser humano, e o que é máis importante, que a velocidade de cambio é máis rápida que en calquera outro cambio climático histórico coñecido, o que pode provocar consecuencias inesperadas e descoñecidas. A principal forma na que o ser humano propicia o cambio climático é a través do uso de combustibles fósiles (gasóleo, gasolina, gas natural, etc.) e a deforestación dos bosques, xa que ocasionan a liberación de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera, principal gas de efecto invernadoiro. Ao acumularse o CO2 con outros gases na atmosfera, este atrapa a radiación solar preto da superficie terrestre, o que causa unha absorción maior da calor e, por tanto, o aumento de temperaturas (quecemento global).

Continuara…

FONTE: Revista Consumer/medio ambiente urbano

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.