Blogia
vgomez

AS ESPECIES MARIÑAS DESPRÁZANSE CARA AOS POLOS POLO QUENTAMENTO DO OCÉANO

AS ESPECIES MARIÑAS DESPRÁZANSE  CARA AOS POLOS  POLO QUENTAMENTO DO OCÉANO

Banco de peixes / Imaxe: flickr.com 

Un equipo internacional con participación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) recompilou os estudos dispoñibles sobre os efectos do cambio climático no océano global. Os resultados revelan que os organismos mariños se desprazan cara aos polos a un ritmo de 72 quilómetros por década en resposta ao quentamento do océano. O estudo publícase no último número da revista Nature Climate Change .

Os gases de efecto invernadoiro quentan os ecosistemas terrestres tres veces máis á présa que no océano. Non obstante, as plantas e os animais mariños necesitan moverse para adaptarse a esta situación e buscar as condicións térmicas que máis os favorecen. De feito, as especies mariñas cambiaron a súa distribución nos últimos 50 anos a un ritmo maior que os terrestres.

Os organismos coa media máis rápida nos seus desprazamentos son os que viven na zona peláxica: fitoplancto, que se move a uns 470 quilómetros por década, peixes, a un ritmo duns 280 quilómetros por década, e os invertebrados do plancto, que se desprazan a uns 143 quilómetros cada década.

A investigación conclúe que a emisión de gases de efecto invernadoiro quentou significativamente a superficie dos océanos e que a resposta global dos organismos mariños demostra "unha forte pegada" do impacto deste fenómeno de orixe antropoxénica.

As diferenzas dos cambios observados entre especies e poboacións suxiren que as interaccións entre estes organismos e as funcións que desembazan no ecosistema mariño poderían estar a reorganizarse a escala rexional, desencadeando unha variedade de "efectos en fervenza".

O 24% das especies analizadas non mostraron ningún tipo de resposta ao quentamento, o que podería deberse a diversas circunstancias, como a falta de resolución nas observacións ou de entendemento dos distintos procesos que interveñen e a outras razóns como a adaptación evolutiva.

Este traballo non só recompila as evidencias dos efectos estendidos do cambio climático sobre os océanos, senón que ademais predí a futura reconfiguración dos ecosistemas mariños e dos recursos que subministran.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios