Blogia
vgomez

NEBULOSA BOLBORETA

NEBULOSA BOLBORETA

 

As nebulosas son estruturas de gas e po interestelar. Segundo sexan máis ou menos densas, son visibles, ou non, desde a Terra.

Comezamos hoxe un percorrido por algunhas das nebulosas máis curiosas, grazas as fotografías da NASA.

A nebulosa Ás de Bolboreta ou M2-9, é un exemplo rechamante dunha nebulosa planetaria bipolar; estas fórmanse cando o obxecto central non é unha soa estrela, senón un sistema binario. Estudos demostraron que o tamaño da nebulosa aumenta co tempo. A nebulosa Ás de Bolboreta atópase a unha distancia de 2.100 anos luz da Terra.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

0 comentarios