Blogia
vgomez

PINNACLE ISLAND: O MISTERIOSO DÓNUT DE MARTE

PINNACLE ISLAND: O MISTERIOSO DÓNUT DE MARTE

Imaxe do lugar onde apareceu a rocha en Marte, antes e despois do seu achado / NASA

O seu tamaño e forma son similares a un dónut, e ten bordos de cor branca resplandecente cun centro de cor vermella rubí. Así é a misteriosa rocha que   encontrou o rover Opportunity nun lugar onde "non" había nada doce días antes".

As imaxes captadas polo robot nunha zona de
Marte denominada "Murray Ridge" xeraron un gran balbordo no equipo que leva a misión, que xa está a barallar posibles explicacións para a repentina aparición desta rocha.

O achado presentouse nun acto no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) no que se celebraban os 10 anos de servizo de Opportunity en Marte. Durante a reunión, mostráronse as fotografías enviadas polo rover con 12 días de diferenza, na que se pode ver practicamente a mesma paisaxe coa diferenza da presenza dunha rocha, bautizada como "Pinnacle Island".

Opportunity encontrábase parado na devandita zona debido ao mal tempo en Marte. Agora, os expertos mantivérono alí ata que poidan resolver o porqué deste sorprendente achado.

Ata o momento, baralláronse dúas posibles explicacións: ou ben a rocha foi lanzada a ese lugar despois dun impacto dun meteorito ou, a que consideran máis probable, chegou alí tras desprenderse polo paso do propio Opportunity.

A NASA recoñeceu que o rover está a ter problemas para moverse nestes días e que as súas rodas poderían ter provocado o desprendemento dalgúns entullos na rocha na que se asentou.

En canto ao tipo de rocha, unha inspección inicial indica que é moi rica en xofre e potasio. Ademais, parece estar en posición boca abaixo, é dicir, que a parte visible non se tería visto afectada pola atmosfera marciana, talvez durante millóns de anos. A NASA continuará agora coas investigacións sobre estes restos.

Hai xa unha década que o robot Opportunity aterrou en Marte. Xunto ao seu xemelgo, Spirit, que aterrou tres semanas antes, forma parte do Programa de Exploración de Marte da NASA para poder encontrar signos de auga no bordo dun cráter.

FONTE : Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios