O MONO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Titi pigmeo / Imaxe: amazinglist.net
Este pequeno animal, que ten por nome científico Cebuella pygmaea, é considerado o mono máis pequeno do mundo pois mide o que un dedo.
O titi pigmeo pode chegar a medir entre 14 a 18 centímetros (na idade adulta) sen considerar o tamaño da súa cola, a cal pode superar a lonxitude corporal chegando a medir entre 15 a 20 centímetros. O seu peso pode bordear só os 120 gramos.
Habita en Sudamérica, nos bosques tropicais da Amazonía que se estende sobre Colombia, Ecuador, Perú, Brasil e Bolivia.
Vive preto dos cursos de auga xa que aliméntase da savia e os froitos de certas especies de plantas, como a do Ficus que medran nas beiras dos ríos e lagoas. Tamén incorpora á súa dieta algúns insectos como saltamontes, abellas, polillas e libélulas, xunto a pequenos animais como as lagartixas.
Vive en grupos reducidos de ata oito individuos, liderados por unha parella adulta.
Así mesmo, esta especie está incluída no Apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas (CITES), o que significa que o comercio internacional desta especie debe ser monitorada coidadosamente.
A súa clasificación é:
Reino: Animal
Filo: Cordados
Clase: Mamíferos
Orde: Primates
Familia: Callitrichidae
Xénero: Cebuella
Especie: Cebuella pygmaea
FONTE: latam.discovery.com e wikipedia.org
0 comentarios