AS ILLAS CIES, ALGO MÁIS QUE A PRAIA DE RODAS
Cando falamos das Illas Cies, a primeira cousa que recordamos é a praia de Rodas. Se hai unha década o prestixioso diario británico "The Guardian" designouna como "a mellor praia do mundo", por diante do outros areais do Caribe e do Mediterráneo, agora foi elixida como "mellor praia de España" polos televidentes de Antena 3.
Pero as Illas Cies son algo máis ca esta paria. Neste vídeo do Faro de Vigo, amósanse cinco lugares que non deberiamos de deixar de visitar cando ali fósemos.
Pero hai que ir!
0 comentarios