Blogia
vgomez

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA: "A VIDA NO CASTRO"

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA: "A VIDA NO CASTRO"

 

 

O Concello da Guarda e o Padroado Monte Santa Trega, coa colaboración das comunidades de montes da Guarda e Camposancos, con motivo do centenario da sociedade pro-Monte, organizan os Obradoiros de Arqueoloxía "A vida no castro" nesta fin de semana, do 28 e 29 de xullo, en fronte á casa forestal.

O obxectivo é que os visitantes poidan coñecer, mediante a participación directa, algúns dos traballos e oficios que desenvolvían os habitantes do castro hai máis de 2000 anos.

Haberá actividades orientadas  a nenos e a maiores. Poderase traballar o barro como na prehistoria, moer cereal, tallar ferramentas de pedra, gravar petroglifos coas técnicas da Idade do Bronce e entre outras cousas participar nunha escavación arqueolóxica simulada.

Os obradoiros desenvolveranse polas mañás de 11 a 14 horas e pola tarde de 18 a 21 horas.

Anímate e participa!

0 comentarios