Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.

Se onte falamos dos ósos, hoxe falaremos do sangue.

2. Temos entre 4 e 5 litros de sangue


 

O home adoita ter algo máis de sangue que a muller / Getty Images/iStockphoto

Unha adulta media posúe entre 4,5 e 5,5 litros de sangue fluíndo polo seu corpo. O home adoita ter algo máis de sangue que a muller. A cifra tamén varía en función do momento da vida no que nos atopemos. Unha muller embrazada, por exemplo, ten aproximadamente un litro ou litro e medio máis de sangue que una que non o está.

Datos:

- Como media, o corazón latexa un 3 mil millóns de veces durante a vida dunha persoa.   

- Cada segundo morren no corpo humano 2 millóns de células sanguíneas e nace o mesmo número delas.   

- Dentro dunha diminuta pinga de sangue hai 5 millóns de glóbulos vermellos, 300.000 plaquetas e 10.000 glóbulos bancos.   

- Un glóbulo vermello tarda aproximadamente 1 minuto en circular ao redor de todo o corpo.   

- Os glóbulos vermellos realizan aproximadamente 250.000 viaxes ao redor do corpo antes de regresar á medula ósea, onde naceron, para morrer.   

- Os glóbulos vermellos poden vivir uns catro meses circulando por todo o corpo, alimentando aos 60 billóns de células doutros tipos do corpo.

FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx

Continuará...

0 comentarios