Blogia
vgomez

ESPECTACULARES ESTRADAS DE ALTO RISCO

Á esquerda, o Túnel de Guoliang (China), un dos túneles máis famosos do mundo por méritos propios.  Horadado a man polos habitantes das montañas de Taihang, pode transitarse en vehículo desde 1977. Percorrer os seus 1,2 quilómetros require pericia, concentración e paciencia: conducir nunha calzada de catro metros colgada entre  peñascos non é tarefa fácil.

Á dereita, a Pasaxe de Gois (Francia). Agora está, agora xa non está. Así é a estreita estrada que une a illa de Noirmoutier coa península francesa. Cando a marea sobe, o océano trágase os 4,5 quilómetros de asfalto… e todo o que atopa ao seu paso. Por iso, ao longo do trazado levántanse uns postes nos que refuxiarse no caso de que o mar xogue unha mala pasada. Á entrada da vía, uns carteis indican con claridade as horas de  pleamar e  baixamar, pero sempre hai algún condutor descoidado que pode levar un bo susto.

Con coidado!

FONTE: motor.elpais.com

0 comentarios