IMAXE DA TERRA E A CARA OCULTA DA LÚA
A Lúa e a Terra captadas pola sonda "Chang’e 5" / XINHUA NEWS
A misión lunar experimental chinesa Chang’e 5 T 1 enviou unhas imaxes únicas que agrupan a cara oculta da Lúa, cunha vista en segundo plano da Terra.As imaxes foron tomadas coa cámara de vixilancia de paneis solares da nave espacial.
Esta misión lanzouse o 23 de outubro para realizar un voo de ida e volta de oito días arredor da Lúa e espérase o seu regreso á Terra para primeiros de novembro.
A misión é unha proba previa de Chang’e-5, cuarta sonda lunar de China que ten como obxectivo recoller mostras da superficie da Lúa, actualmente fixada para 2017.
A órbita de voo de proba tiña un perixeo de 209 quilómetros, e alcanzou un apoxeo duns 380.000 quilómetros a metade de camiño arredor da Lúa, se ben non entrou en órbita lunar.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios