Facebook Twitter Google +1     Admin

DINOSAURIO ACOIRAZADO

Publicado: 15/05/2017 07:56 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

Reconstrucción del aspecto de la especie descubierta

Reconstrución do aspecto da especie descuberta- Museo Real de Ontario

 

Medía seis metros de longo e pesaba uns 2.500 kg, así que tiña un tamaño parecido ao dun rinoceronte. Trátase da última especie de dinosauro descuberta polos científicos, e que se reconstruíu a partir do fósil mellor conservado ata o momento dun anquilosaurio. Estas criaturas estaban "equipadas" cunha forte cola que usaban como martelo e cunha coiraza repleta de espiñas. A nova especie foi bautizada na revista Royal Society Open Science como Zuul crurivastator: o seu nome fai honra a Zuul, o cérbero que en Cazafantasmas (1984) posúe a unha moza Sigourney Weaver, e á súa capacidade de golpear coa cola.

Do mesmo xeito que os outros anquilosaurios, este animal tiña unha cola longa e armada con puntas, deseñada aparentemente para golpear ás outras criaturas que se atrevían a molestalos. Pero non a usaban para cazar, porque os dentes dos anquilosaurios mostran que eran herbívoros. Á parte desta arma, o anquilosaurio tiña unha potente coiraza, que mesmo lle protexía a cabeza.

A forza e a coiraza non salvaron a este exemplar fosilizado da morte. Parece que quedou atrapado nun corpo de auga, e que o seu cadáver quedou cuberto moi rapidamente polos sedimentos. Grazas a isto, o seu esqueleto chegou ata os nosos días nun excelente estado de conservación.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.