Blogia
vgomez

PRIMEIRAS IMAXES EN COR NUN MICROSCOPIO ELECTRÓNICO

PRIMEIRAS IMAXES EN COR NUN MICROSCOPIO ELECTRÓNICO

Imagxe multicolor tomada cun microscopio electrónico / Stephen Adams

Un equipo de investigadores da Universidade de California, San Diego, conseguiu despois de 15 anos de investigación visualizar as primeiras imaxes en cor cun microscopio electrónico.

Estes microscopios permiten ampliar unha mostra ata dez millóns de veces máis que un óptico, pero ata agora só podían facelo en branco e negro porque a técnica que utiliza elimina os matices cromáticos. O resultado da investigación é o primeiro microscopio electrónico multicolor, que permitirá por primeira vez observar os procesos celulares en cor. Os investigadores cren que a nova técnica terá múltiples aplicacións prácticas.

Os resultados da investigación foron publicados na revista Cell Chemical Biology. O autor principal do estudo explicou que a técnica consiste en cubrir a mostra cunha serie de iones metálicos para usar despois un detector que captura os electróns que devolven os iones en cor. A técnica, segundo o investigador, é similar á microscopía de fluorescencia, pero cos detalles que só pode ofrecer a microscopía electrónica.

As primeiras tomas mostran unhas imaxes que combinan as cores vermello, verde e amarelo. "É como ver por primeira vez unha fotografía en cor cando só coñeciches o branco e negro", asegurou o investigador.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios