ATOPAN FÓRA SO SISTEMA SOLAR UN PLANETA PARECIDO A XÚPITER NA SÚA XUVENTUDE
Recreación artística ol planeta extrasolar 51 Eridani b /Danielle Futselaar & Franck Marchis, SETI Institute
Cando os dinosauros se extinguiron, hai uns 65 millóns de anos, o planeta 51 Eridani b aínda non existía. Este mundo situado fóra do noso Sistema Solar acaba de ser descuberto utilizando o instrumento , que foi instalado no telescopio South Gemini de Chile o ano pasado. E segundo calculan os astrónomos, naceu hai só 20 millóns de anos. Que no reloxo cósmico é moi pouco tempo.
Segundo sosteñen os seus descubridores nunha investigación publicada na semana pasada na revista Science, as súas características recordan a como debía ser Xúpiter na súa xuventude, polo que esperan que o seu estudo contribúa a saber máis sobre como se formou o noso sistema solar. E é que unha das melloras formas de entender como o noso sistema evolucionou é observar outros sistemas planetarios que se encontran nas primeiras etapas de formación.
51 Eridani b é un millón de veces máis débil que a súa estrela (51Eridani). A súa masa é aproximadamente o dobre que a de Xúpiter, o que representaría a metade ou menos da masa que teñen os planetas novos que foron localizados ata agora con instrumentos terrestres.
Tamén é un dos máis fríos dos que foron localizados, aínda que en comparación co noso é un inferno: A súa temperatura é de 430º C, así que é moi cálido para o que estamos afeitos na Terra. Non obstante, é moito máis frío que a maior parte dos planetas parecidos a Xúpiter que os astrónomos localizaron arredor doutras estrelas, e cuxa temperatura é duns 1.700º C. O Noso Xúpiter ten uns -143 º, así que Eri b está no medio".
Polo que respecta á posibilidade de que 51 Eridani b poida albergar algún tipo de vida, os investigadores cren que é "bastante improbable", aínda que afirma que non dispoñen de ningún dato que lles permita afirmar tanto que non hai vida coma que a hai: "51 Eri b é un xigante gasoso moi parecido ao noso Xúpiter, así que non ten unha superficie sólida ou un océano, e os astrónomos cren que isto sería necesario para que puidese albergar algunha forma de vida. Tamén é moi novo, só ten 20 millóns de anos. A vida na Terra tardou 1.000 millóns de anos en aparecer dende que se formou. Pero é posible que 51 Eri b teña lúas, ou que estas se estean a formar na actualidade, que sexan moi parecidas aos satélites de Xúpiter e que poderían chegar a ser lugares adecuados para que se dese a vida. Estas lúas hipotéticas estarían demasiado lonxe da estrela 51 Ericomo para ter auga líquida na súa superficie, pero se recibisen a calor das mareas de 51 Eri b e tivesen auga líquida en océanos subterráneos baixo a súa superficie xeada, podería formarse a vida".
Non obstante, a investigación subliña que esta teoría son "especulacións" súas baseadas no que sabemos dos planetas xigantes do noso propio sistema solar, pero aínda non dispoñen de ningún dato que suxira que podería haber vida.
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios