Blogia
vgomez

AGRITECTURA

 

Cando se fala de agricultura urbana, as primeira imaxes que aparecen son as de mozas con barbas (ou rastas), bicicletas (algunhas plegables) e cans (nenos, poucos). Tomates, leitugas e cebolas plantados en solares entre edificios, patios comunais e azoteas. E tamén adxectivos como orgánico, saudable ou, tirando de inglés, foodie. Pero se falamos de alimentar á poboación mundial, os hortos urbanos e as poses para Instagram quedan pequenos. Aínda que as estimacións respecto ao crecemento de habitantes no planeta varían moito dependendo das fontes (a pinza, segundo o estudo, vai desde 7.400 a 9.900 millóns de persoas), no que coinciden é no aumento porcentual de poboación urbana respecto ao medio rural, podendo alcanzar para esa data, segundo Nacións Unidas, ata un 66% do total. Este incremento expón retos moi serios respecto de vivenda, transporte, subministración de enerxía, infraestruturas e, por suposto, a produción de alimentos.

Os fundadores de Plantagon fixéronse a pregunta crítica en 2002: como imos conseguir alimentar a toda a poboación mundial e facelo, ademais, de forma sustentable, sen esquilmar  os recursos existentes? "Ter unha pequena horta é moi bo. Eu teño unha no meu xardín. Pero se queres producir o 15% dos alimentos que se consomen nas cidades, tes que pensar de forma moi diferente", advirte Hans Hassle, un dos fundadores de Plantagon. A resposta tiña que ser, pois, moito máis ambiciosa. E o que se lles ocorreu foi tan orixinal como innovador: se non podemos cultivar ao ancho, porque require enormes cantidades de chan, hagámoslo ao alto... A proposta, enmarcada dentro do que se bautizou como "agritectura", tardou algúns anos en tomar forma; houbo que esperar ata 2008 para que Plantagon constituísese como compañía e mostrase os primeiros estudos de viabilidade dun tipo de edificio que pode ser parte da solución para as crises alimentarias do futuro. Trátase de construcións de varios pisos que funcionan ao mesmo tempo como efidicio de oficinas ou vivendas e como invernadoiros verticais. A xestión dos cultivos, que ocupan a metade da construción, realízase a través de robots que se encargan de que as plantas vaian ascendendo desde o chan á parte máis alta, ata completar o seu ciclo biolóxico e ser colleitadas.

Despois de varios proxectos frustrados por diversas causas, o primeiro edificio de Plantagon será construído na cidade sueca de Linköping. E, aínda que as dificultades que atoparon ata conseguir que a súa idea poida materializarse, os seus impulsores non se han desanimado. Máis ben, como asegura Hassel, crecéronse antes os problemas: "É verdade que está a ser difícil, porque nos estamos enfrontando as infraestruturas das cidades. Pero cremos que se ninguén ten o valor para tentalo, non atoparemos a solución a tempo".

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios