Blogia
vgomez

SORPRESA CIENTÍFICA POLA APARICIÓN UN GRAN BURACO NA CAPA DE OZONO NO ÁRTICO

As zonas de cor azul próximas ao polo Norte amosan a diminución do grosos na capa de ozono (AC CAF / EP)

Trinta anos observando de preto a evolución da capa de ozono no polo sur (Antártida) e agora que todos os datos parecen favorables xorde un buraco no polo norte (Ártico)...

As causas non son as mesmas -os gases  CFC non parecen ser culpables do buraco no norte- pero sen dúbida trátase de malas noticias.

Diversos servizos meteorolóxicos e equipos de investigación que traballan no Ártico, incluídos os equipos a bordo do buque científico alemán Polarstern, observaron con sorpresa durante as últimas semanas unha importante diminución, de ata o 30%, do grosor da capa de ozono nas capas altas da atmosfera na rexión ártica.

Nunha crónica publicade o 27 de marzo na páxina na internet da revista Nature, Alexandra Witze indicaba, mencionando a diversos expertos, que" o gran buraco na capa de ozono detectado agora é “probablemente” o máis grande coñecido ata a data no Ártico”. A revista científica Nature, que normalmente non pode ser acusada de sensacionalista, inclúe no titular desta información as palabras “raro” e “grande” para referirse ao buraco de ozono no ártico.

O servizo de aplicacións de seguimento de datos atmosféricos (ACSAF) da Organización Europea para a Explotación de Satélites Meteorolóxicos (Eumesat) confirmou o pasado 30 de marzo a través dunha mensaxe en Twitter a detección dun nivel mínimo histórico na capa de ozono dean o Ártico.

O ACSAF indica que esta situación prodúcese, polo que se coñece ata o momento, como consecuencia das condicións meteorolóxicas na estratosfera (entre os 10 e o 50 km de altitude aproximadamente); con temperaturas duns 80 ºC baixo cero.

Os primeiros datos sobre a perda de  grosos ou buraco na capa de ozono no Ártico foron difundidos polo mesmo servizo ACSAF de Eumesat a mediados de marzo. Unha das sorpresas desta situación é que o fenómeno, que se produciu a menor escala en ocasións anteriores, parece ter agora dimensións maiores das esperadas e maior duración temporal.

Entre as posibles explicacións á aparición do buraco na capa de ozono no Ártico, a articulista de Nature sinala que “este ano, poderosos ventos do oeste fluíron ao redor do polo norte e atraparon aire frío dentro dun ‘vórtice polar’”.

As baixas temperaturas formaron as nubes a gran altitude e comezaron as reaccións químicas que están a facilitar a destrución do ozono, indican os expertos.

Os instrumentos do os satélites de observación meteorolóxica Metop, en órbita polar, detectaron que polo momento o buraco é relativamente pequeno, aínda que en zonas como a vertical do polo norte, o grosor desta capa que protexe a Terra de radiacións solares prexudiciais para a vida como as ultravioletas é agora un 30% menor que en condicións normais.

FONTE: Joaquim Elcacho/lavanguardia.com/natural 

0 comentarios