Blogia
vgomez

DÉFICIT ECOLÓXICO DO PLANETA TERRA

DÉFICIT ECOLÓXICO DO PLANETA TERRA

Déficit ecolóxico do planeta Terra/ Imaxe:otromundoesposible.net

O planeta Terra entra hoxe en déficit ecolóxico, entendendo como tal o diferencial entre os recursos naturais que se xeneran anualmente e os que se destrúen. Segundo os últimos datos da Global Footprint Network  (Rede da Pegada Ecolóxica Global) e do centro de estudos londinense NEF (siglas en inglés de Fundación para unha Nova Economía), creadores do Día da Pegada Ecolóxica, ao actual ritmo de consumo os recursos xenerados polo planeta só permiten satisfacer a demanda deses recursos ata o 27 de setembro: todo o que se consome ata final de ano é a conta de recursos que o planeta non pode producir e de contaminantes que a Terra non é capaz de absorber.

Pero as solucións que se ofrecen para solventar este problema parecen máis unha lista de bos desexos que de propostas concretas: "Medir e valorar aquelo que importa á xente; corrixir prezos que refllictan o valor (custe) real; desenvolver novos indicadores económicos e de progreso para complementar o PIB; crear un contexto que favoreza a actividade empresarial responsable (social e ambientalmente); repartir traballo entre a poboación; inversión en actividades que crean valor positivo para a sociedade".

A poboación do globo necesitaría cinco planetas para vivir ao ritmo de consumo de recursos dun cidadán de Estados Unidos e tres planetas para vivir como un español. Pero só un planeta para vivir como un cidadán da India. España consome 3,35 veces máis que a súa biocapacidade: se os españois tiveran que subsistir cos seus propios recursos, ao ritmo actual estes estarían esgotados o 19 de abril.

Esto temos que tomalo en serio!

FONTE: El Pais

0 comentarios