Blogia
vgomez

RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIZA GERÊS-XURÉS

 

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) foi declarada o 27 de Maio de 2009, pola UNESCO, e está situada na Comunidade Autónoma de Galicia (España) e a Regiâo Norte (Portugal), abranguendo un total de 267.958 hectáreas de territorio protexido en dous espazos naturais divididos polas fronteiras, pero unidos polas características da natureza e a cultura.

A Reserva abarca en total 11 municipios, seis en Galicia-Ourense (24 % da extensión): Lobios, Entrimo,  Muiños, Lobeira, Calvos de Randín, e Bande, e cinco en Portugal  (76 % da extensión): Melgaço, Arcos de Valdeves, Ponte da Barca, Terras do Bouro e  Montalegre.

Ao tratarse dunha Reserva da Biosfera Transfronteiriza, o esforzo de cooperación entre o territorio, e as entidades de ambos os dous países, á hora de establecer obxectivos comúns, de definir as prioridades de actuación, e de articular as estratexias de xestión, contribúen a consolidar a imaxe do Parque Tranfronterizo Gerês-Xurés, creado entre o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés e o Parque Nacional de Peneda Gerês, creado en 1997, formando así unha unidade ambiental de elevada biodiversidade.

Máis que unha designación, a Reserva da Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés pretende ser o recoñecemento da necesidade dun esforzo común e articulado de salvagarda dos valores de flora, fauna e paisaxe, que comparten as dúas áreas protexidas, promovendo o desenvolvemento económico sostible, e fomentando a participación activa dos actores do territorio, promovendo e demostrando unha relación equilibrada entre as poboacións e a natureza.

Un lugar a vistitar!

FONTE: reservabiosferageresxures.com

0 comentarios