CANTO SABES DE CINE XIV
A contestación correcta á pregunta do día anterior é John Barry. Este compositor británico, nado en York en 1933 e finado en Nova York en 2011, gañou de cinco premios Oscar. Tamén é coñecido por compoñer once bandas sonoras dos filmes de James Bond.
E imos coa proposta de hoxe:
14. A Academia de Cinema de Hollywood, na súa 90ª edición dos premios Óscar 2018, concedeu o galardón a Mellor Película a...
- Dunkerque
- Lady Bird
- Campións
- A forma da auga
- O fío invisible
- Os arquivos do Pentágono
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades
0 comentarios