Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS III

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Proxecto Mercury. Foi iniciado apenas un ano despois do lanzamento do satélite Sputnik por parte da URSS. Corría o ano 1958, en plena Guerra Fría tras rematar a Segunda Guerra Mundial e, tanto o goberno de Estados Unidos como o sector privado investiron enormes recursos nel. O primeiro intento do programa  Mercury (Mercury Redstone1) foi un fracaso; non así o resto de misións que culminarían o 15 de maio de 1963 co voo orbital da nave Faith 7.

E imos coa proposta para hoxe:

3. A fin da carreira espacial EEUU-URSS está delimitada pola misión... 

- Skylab

- Gemini- Soyuz

- Apolo- Soyuz

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios