Blogia
vgomez

UNHA NOVA CAPA TERRESTRE: O LÍMITE DE 660 QUILÓMETROS

 

Aprendémolo na escola: a Terra está dividida en tres capas, que son a codia, o manto e o núcleo, que á súa vez se divide en núcleo interno e externo. Un esquema básico e acertado, pero que con todo deixa fóra outras capas máis sutís que os científicos están a empezar agora a identificar no interior profundo do noso planeta.

Un bo exemplo é o estudo publicado en Science, no que os  xeofísicos lograron utilizar as ondas  sísmicas dun gran terremoto en Bolivia para localizar, a 660 quilómetros de profundidade, unha nova «capa» que deixounos pampos: unha cadea montañosa, moi similar ás que hai na superficie. A nova «capa» atópase, ademais, xusto no límite que separa o manto superior do inferior. Ata agora, e a falta dun nome mellor, os científicos simplemente chamárono «o límite de 660 quilómetros».

Para poder observar o que sucede a tanta profundidade, os investigadores utilizaron as ondas máis potentes que existen no noso planeta, as ondas  sísmicas que xeran os terremotos masivos. A enerxía xerada por un terremoto aumenta 30 veces por cada chanzo que subimos na escala de Richter.  Segundo a investigación, a mellor información obtense dos terremotos de magnitude 7 ou superior, xa que as ondas de choque que lanzan en todas direccións poden mesmo atravesar o núcleo terrestre e chegar ata o outro lado do planeta. Para este estudo en concreto, os datos crave obtivéronse das ondas captadas despois dun terremoto de magnitude 8,2, o segundo máis potente xamais rexistrado, que sacudiu a Bolivia en 1994. 

A tecnoloxía aplicada para esta análise depende case por completo dunha única propiedade das ondas: a súa capacidade para dobrarse e  rebotar. Así, do mesmo xeito en que as ondas de luz poden rebotar (reflectirse) nun espello ou dobrarse (refractarse) cando pasan a través dun prisma, as ondas sísmicas viaxan directamente a través de rochas homoxéneas, pero reflíctense ou refractan cando se atopan con algún límite ou rugosidade.

Os xeólogos quedaron sorprendidos pola «rugosidade» desa nova capa, que era mesmo máis acentuada que a que podemos observar na capa superficial (a codia terrestre) sobre a que todos vivimos. O modelo estatístico elaborado polos científicos non permitiu determinar con precisión as alturas destas montañas, pero no seu artigo aseguran que poderían ser máis grandes e altas que calquera outra na superficie da Terra.

A rugosidade, ademais, non estaba  uniformemente distribuída. O cal significa que igual que a superficie da cortiza ten fondos oceánicos lisos e montañas masivas, o límite de 660 quilómetros conta con áreas elevadas e superficies chairas. Para comparar, os investigadores tamén examinaron unha capa a 410 quilómetros de profundidade, na parte superior da «zona de transición» do manto medio, pero non atoparon nada semellante.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

0 comentarios