Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CINE XV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é A forma da Auga. The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana. Tamén foi galardoada co oscar ao mellor director, mellor banda sonora e mellor deseño de produción.

E imos coa proposta de hoxe:

15. Os Premios Goya ou Premios Anuais da Academia son os galardóns outorgados anualmente pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España para recoñecer os mellores profesionais e producións do sector do cine español. Cal foi a película que acadou iste ano 2019 o Goya a Mellor Película?

- O Reino

- Entre dúas augas

- Campións

- Carmen e Lola

- Todos o saben

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

0 comentarios