Blogia
vgomez

PALABRA DO ANO 2020: ’NÓS’

Nin ’vacina’, nin ’pandemia’, nin ’máscara’ nin ’gromo’. Fronte ao omnipresente coronavirus, os galegos preferiron lembrar unha das xeracións más valiosas da nosa cultura ao escoller a Palabra do Ano 2020 e, por votación virtual pública, elixiron o termoNós.

A votación foi promovida polo Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. "A voz gañadora -sinalan- salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global depende da primeira persoa do plural máis absoluta".

O segundo termo máis votado foi ’seteiro’. Así se chama o grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina) e unha palabra que entrou dentro do grupo das seis finalistas pouco despois de que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións. "A escolla pode verse como un xeito de reivindicar o coñecemento, e a valoración, do ceo e dos seus nomes; mais tamén ten algo, outra vez, de evasión colectiva nun ano en que o COVID disparou o emprego de certos termos", afirman dende o Portal de Palabras.

Porén, a votación non resultou allea á realidade global, e as outras catro palabras máis votadas están intimamente relacionadas: ’gromo’; ’pandemia’; ’máscara’; e ’vacina’, a grande esperanza que comezou a subministrarse o pasado domingo en Galicia.

FONTE: Natalia Álvrez/farodevigo.es

0 comentarios