LETRAS GALEGAS 2017
Carlos Casares / Imaxe: Portal da Lingua Galega
Dende o ano 1963 vense celebrando ininterrupidamente O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, oa fin de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa do noso idioma.
Moitos foron os homenaxeados dende Rosalía de Castro. Iste ano adicaselle a Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Nigrán, 2002).
Na parte superior tes un vídeo para coñecer polo miudo a súa vida e a súa obra.
Quedamos cun anaco do poema "Amemos":
Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.
Non só un día. Todos os días do ano, Día das Letras Galegas!
0 comentarios