DOUS GUARDESES GAÑADORES NA LINGUA DE NAMORAR-2020
O Concurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, xa ten gañadores. No concurso cada participante podía enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.
Na categoría B (de 20 a 35 anos) hai gañadores da nosa localidade:
Segundo premio: Un vinilo dos Dire Straits, de Denís Vicente Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)
Gústame cando bailamos
e fechamos os ollos
e as mans devalan unha sobre a outra
O arrecendo da música
quenta os corpos
que tornan
nus
para nós.
Só para nós.
Xa non hai apenas aires entre os
nosos corpos, que agora
Coma un vinilo dos Dire Straits
nun reprodutor dos anos 90.
E as mans devalan unha sobre a outra.
Terceiro premio: Fuxitivas, de Silvia Pérez Rodríguez (A Guarda, Pontevedra)
Quedeime durmida
apoiada a ti,
sen darme conta, estaba xa
subida a un vagón.
Era distinto aos anteriores
tiña as portas abertas
de par en par.
Facía tempo que non me tremían as pernas
o bicar a alguén.
Eramos dúas fuxitivas,
das historias, de amor romántico.
Xa non sigo nese vagón,
ando na procura dun
que me faga sentir
igual de valente.
Se queres ver a versión musicada de Un vinilo dos Dire Straits, interpretada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.
Se queres ver a versión musicada de Fuxitivas, interperada por Xermán Bugallo, preme AQUÍ.
Parabéns!
FONTE: lingua.gal
0 comentarios