OS CASTROS DE GALICIA XV (FIN)
Remato coa serie OS CASTROS DE GALICIA. Hoxe tócalle ao castro de Castromaior.
No concello de Portomarín (Lugo), nas parroquias de Narón e Castromaior, e en pleno Camiño de Santiago atopamos un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do noroeste peninsular. Habitado desde o século IV a. C. até o I d. C., as escavacións descubriron ata tres ocupacións diferentes.
O castro está situado sobre unha elevación que permite contemplar unhas fantásticas vistas de toda a comarca e nunha zona que non foi nunca cultivada, polo que os niveis arqueolóxicos mantéñense pouco alterados. Actualmente escaváronse dous do seis recintos cos que conta o castro, destapando e reconstruíndo parte das murallas e máis de 10 vivendas.
Poño aquí unha parada na serie que terá continuidade no tempo, xa que son moitos os castros de Galicia que aínda non tratamos: castro de Ameás (Abengodo-Coruña), castro de Socastro (Rois-A Coruña), castro de Arroxo (Sober-Lugo), Castro de Asturés (Boborás-Ourense), castro de O Castro (Vigo-Pontevedra)...
Un legado incrible!
0 comentarios