REMATOU O CURSO!

Por fin! Día 23, úlltimo día de clase! Efectivamente, hoxe rematamos as clases lectivas, á espera das temidas notas
, o próximo luns, día 27, ás 12 horas. Como en pasados cursos, pasamos a maná na praia da Armona o alumnado de 1º de ESO, acompañados dos profes Pepe, Arsenio Paco e Victor.
Por certo non foi o último día de clase para o alumnado, tamén o foi para Arsenio e Paco, xa que este ano xubílanse, tomando vacacións permanentes. Que disfruten desa nova etapa da súa vida!
E para todos boas vacacións! Pero non perdades contacto, pois eu seguirei neste blog durante todo o verán.
0 comentarios