POR UNHA BOA CAUSA
Diogo Farinhoto / Imaxe: www.galiciasuroeste.info
O neno Diogo Farinhoto naceu hai dous anos sen a man dereita en Caminha. Para axudalo a ter unha vida normal necesita dunha prótese e hai unha empresa disposta a darlla a cambio de 18 toneladas de tapas.
O concello da Guarda, despois de pórse en contacto con representantes da cámara de Caminha, vai colocar uns puntos de recollida de tapas plásticas (valen practicamente as de todo tipo de envases) e envases sempre que estes conteñan os números 2, 4 e 5 dentro dun triángulo e posteriormente as remitirá ao concello de Caminha. Estes puntos de recollida estarán ubicados no ferry e na Alameda.
Diogo naceu en 2009 sen a man dereita. Desde entón os seus pais están nunha loita constante para conseguir que teña a man que lle falta, neste caso unha man mioeléctrica. E a través dun simple xesto será posible conseguilo: só é cuestión de acumular tapas plásticas de botellas de todo tipo, e envases, neste caso que conteñan nun triángulo os números 2, 4 ou 5. Son envases como os dos champús, iogurts líquidos, deterxentes, productos de beleza, manteigas, colacao, entre outros.
Podémolo conseguir!
0 comentarios