25 DE XULLO: DÍA NACIONAL DE GALICIA
Hoxe celebramos o Día Nacional de Galicia, ou Día da Patria Galega. É a festa oficial do noso país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase tamén hoxe a festividade do apóstolo Santiago o Maior.
As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.
Sintámonos orgullosos do que somos: galegos!
0 comentarios