Blogia
vgomez

A HORA DO PLANETA 2016

 

Un ano máis, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unirán as súas voces en defensa do medio ambiente. Por iso, a  HORA DO PLANETA xa se converteu na maior campaña de mobilización e participación xamais organizada.

Este ano é especialmente importante na loita contra o cambio climático: o pasado mes de decembro, en París, os gobernos de todo o mundo aprobaron un acordo a favor do clima. Pero iso é só o comezo do camiño. Agora é momento de actuar e facer realidade o acordado sobre o papel.

TODOS SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN!

Queremos que todos, individuos, empresas, concellos e centros educativos, aposten por ser máis eficientes e autosuficientes no uso da enerxía e promovan as enerxías limpas ao longo do ano para lograr, desta maneira, reducir o nivel de emisións de C02 do planeta.

Hoxe de 20:30 a 21:30 apaga as luces da túa casa.

O MOMENTO DE ACTUAR É AGORA!

FONTE: wwf.es

0 comentarios