Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS VII

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Moho, hoxe tócalle o turno á...

7. Ibex pirenaica


O bucardo ou ibex pirenaico (Capra pyrenaica pyrenaica) era unha subespecie do íbice español. Vagaba frecuentemente polos Pireneos, pero a súa poboación caeu bruscamente nos séculos XIX e XX. As razóns do seu declive seguen sendo descoñecidas. Foi declarado extinguido no 2000. Dous das catro subespecies do ibex español aínda existen: o íbice español occidental, que se atopa nos Picos de Europa, e o íbice español do sueste, común en Sierra Nevada.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios