Facebook Twitter Google +1     Admin

ANIMAIS PREHISTÓRICOS ATERRADORES IV

Publicado: 20/06/2017 06:45 por vgomez en CURIOSIDADES
Meganeura
Continuamos coa serie adicada a animais prehistóricos que foron grandes depredadores, xa extintos,  e que daquela dominaron a Terra. Hoxe é o día da Meganeura

A Meganeura é un exemplo dos artrópodos que viviron hai 300 millóns de anos, das primeiras criaturas que pisaron a Terra, durante o período Carbonífero. Nesta etapa, as concentracións de osíxeno disparáronse no planeta Terra, o que permitía que os sistemas respiratorios destes animais fosen máis eficientes, facilitando así o seu enorme tamaño. A meganeura era unha especie de libélula, pero do tamaño dunha aguia actual. Coma ela, había milpiés de máis de 2 metros de lonxitude, e arañas e escorpiónss do tamaño de lobos. 

FONTE: FONTE: Laura Marcos/Revista Muy Interesante

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.