ANIMAIS PREHISTÓRICOS ATERRADORES IV
Continuamos coa serie adicada a animais prehistóricos que foron grandes depredadores, xa extintos, e que daquela dominaron a Terra. Hoxe é o día da Meganeura.
A Meganeura é un exemplo dos artrópodos que viviron hai 300 millóns de anos, das primeiras criaturas que pisaron a Terra, durante o período Carbonífero. Nesta etapa, as concentracións de osíxeno disparáronse no planeta Terra, o que permitía que os sistemas respiratorios destes animais fosen máis eficientes, facilitando así o seu enorme tamaño. A meganeura era unha especie de libélula, pero do tamaño dunha aguia actual. Coma ela, había milpiés de máis de 2 metros de lonxitude, e arañas e escorpiónss do tamaño de lobos.
FONTE: FONTE: Laura Marcos/Revista Muy Interesante
0 comentarios