Blogia
vgomez

A REVOLUCIÓN ENERXÉTICA: WILDPOLDSRIED

 

Wildpoldsried protagonizou unha revolución enerxética que enriqueceu aos seus veciños e admirado a medio mundo. Este pobo alemán próximo a Austria é famoso por producir sete veces máis enerxía da que consome investindo en renovables. Fixérono grazas a leis que favorecen as enerxías limpas e permiten aos pequenos produtores vender os seus excedentes á rede a bo prezo. Alemaña propúxose cortar a dependencia dos combustibles fósiles impulsando as renovables e converteuse nun referente mundial en políticas climáticas. A produción de enerxías limpas disparouse, pero logrou un limitado impacto na redución de emisións contaminantes.

A enerxía que desprenden os excrementos fermentados das súas queridas vacas xunto aos muíños de vento e as súas placas solares suman ata o 80% dos seus pingües ingresos. As súas 70 vacas producen cantidades industriais de excrementos que alimentan a maior planta de biogás do pobo. Algo máis da metade son restos das vacas, e logo herbas, mazás podrecidas, patacas e biomasa en xeral. Nun megadepósito, unha pasta 800 toneladas de residuos burbujea ao compás da fermentación.

O ano pasado, os veciños de Wildpoldsried aseguran que gañaron seis millóns de euros coa venda da enerxía que lles sobra.

Un exemplo a seguir no noso país!

FONTE: Ana Carbajosa/Xornal El País

0 comentarios