20170929112053-timthumb.php.jpg

 

O etólogo e escritor Carl Safina (Brooklyn-Nueva York-EE.UU., 1955) é un dos maiores especialistas de hoxe en día na relación do ser humano cos animais. Hoxe preséntovos o seu libro diste ano: "Mentes marabillosas. O que pensan e senten os animais", publicado na editorial Galaxia-Gutenberg.

Entrelazando décadas de observacións de campo con novos e sorprendentes escubrimientos sobre o cerebro, "Mentes marabillosas" ofrece unha visión íntima da conduta animal que suprime as clásicas fronteiras que separaban ata agora aos seres humanos do resto de animais. No libro, os lectores viaxan ao Parque Nacional de Amboseli na paisaxe ameazada de Kenia onde as mandas de elefantes loitan para sobrevivir á caza furtiva e a seca, logo ao Parque Nacional Yellowstone para observar aos lobos e como xestionan a traxedia persoal dunha manda, para finalmente mergullarnos na asombrosa e pacífica sociedade das orcas que viven nas cristalinas augas do Pacífico Noroeste. Mentes marabillosas ofrece unha visión iluminadora das personalidades únicas dos animais a través de historias extraordinarias sobre a súa alegría, pena, celos, ira e amor. A similitude entre as conciencias humana e non humana, o coñecemento dun mesmo e a empatía lévanos a reevaluar como interactuamos cos animais. Safina argumenta que así como nós pensamos, sentimos, usamos ferramentas e expresamos emocións, outras criaturas e mentes coas que compartimos o planeta tamén o fan.

Merece a pena lelo!

FONTE: casadellibro.com