20171007085720-ican-regular-logo-500x212.jpg

Logo de ICAN / Imaxe: Blidaru.net

A Campaña Internacional para a Abolición das Armas Nucleares (ICAN) recibiu este ano o Premio Nobel da Paz, seguindo as últimas vontades do sueco Alfred Nobel. Así, o comité noruegués que concede o galardón explicou que esta organización internacional que agrupa a Ong dun centenar de países meréceo "polo seu traballo para chamar a atención sobre as consecuencias humanitariascatastróficas de calquera uso das armas nucleares e polos seus esforzos innovadores para lograr unha prohibición baseada en tratados de tales armas".

Tras recalcar que "vivimos nun mundo no que o risco das armas nucleares é maior que en moito tempo", a presidenta do comité, fixo un chamamento a toda a comunidade internacional, pero moi en particular aos países que posúen armas nucleares, asinasen o Tratado de Non Proliferación Nuclear ou non, para que inicien "negociacións serias con miras á eliminación gradual, equilibrada e coidadosamente controlada das case 15.000 armas nucleares no mundo".

Merecedido premio! Parabéns!

FONTE: María Fluxa/Xornal El Mundo