Blogia
vgomez

AS 5 PLANTAS MÁIS INVASORAS DE ESPAÑA V (FIN)

Remato coa serie adicada as plantas invasoras no noso país, que representan máis do 35 % das especies reguladas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e que poden provocar impactos graves e de maior magnitude que moitas especies animais, ao actuar con ritmo lento e de forma pouco aparatosa, son ignoradas polo groso da sociedade. 

5. Xacinto de auga

É unha planta acuática da conca do Amazonas. O xacinto de auga (Eichhornia crassipes) colonizou o tramo baixo do Guadiana, causando un verdadeiro desastre ecolóxico.

Presenta un carácter invasor moi agresivo desde o inicio, colonizando rapidamente toda a contorna que lle resulta favorable. Cobre toda a superficie da auga, impedindo a entrada da luz ao fondo dos humidais e eliminando a vexetación do fondo. Ao descompoñerse, os niveis de osíxeno da auga caen de forma drástica.

As poboacións de xacinto de auga constitúen un medio ideal para a proliferación dos mosquitos, favorecendo a aparición de enfermidades que afectan tanto á fauna como á saúde humana. Entre outros impactos socioeconómicos destaca o impedimento ao paso de embarcacións, a redución da pesca, o taponamento de canalizacións, e mesmo o bloqueo de turbinas das centrais hidroeléctricas.

Para tratar de eliminar a invasión do xacinto de auga empregáronse medios físicos, químicos e biolóxicos. Con todo, cando a especie está xa moi estendida e asentada, erradicala faise imposible, o máximo que se consegue é controlar a súa expansión e mitigar os seus impactos.

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es

0 comentarios