20171018162958-cinsaspindo.jpg

 

Despois dos lumes os problemas e riscos ambientais non rematan. Alén da perda de biomasa vexetal e de biodiversidade en xeral, prodúcese tamén un empobrecemento do solo e, coas chuvias, o lavado do horizonte superficial arrastrando grandes cantidades de sedimentos e materia orgánica. Esta erosión e a diminución da materia orgánica no solo, unidas á brusca inxección de materiais nas canles fluviais e nas rías, son causa de graves impactos mesmo en áreas alonxadas das zonas queimadas.

É moi importante ter en conta que os labores de restauración hidrolóxico-forestal deben ser desenvovidos por persoal especializado e seguindo uns estritos protocolos de actuación para evitar causar máis danos, como a compactación por pisoteo, a erosión inducida nas ladeiras, a introdución de especies invasoras ou non procedentes... As intervencións deben tamén axustarse ás características particulares de cada territorio, en particular nos espazos protexidos, nos que deben respostar ás necesidades concretas de conservación establecidas nos correspondentes planos. 

ADEGA (Asociación para a Defenda Ecolóxica de Galiza) danos unha serie de CONSELLOS para non estragar máis o ambiente nestes casos.

FONTE: adega.gal