20171217121151-sanbartolome.jpg

Matanza de San Bartolomé (24 de agosto de 1572)  / Imaxe: circulodeaficiones.blogspot.com.es

"París ben vale unha misa". Esta frase, en francés, "Paris vaut ben une messe", probablemente apócrifa, atribúese a Enrique de Borbón ou de Navarra, o pretendente hugonote (protestante) ao trono de Francia que elixiu converterse ao catolicismo co fin de poder reinar (o seu ordinal como rei de Francia é Enrique IV).

Desde entón, úsase no sentido de que é conveniente establecer prioridades con fins prácticos: se é útil renunciar a algo, aínda que sexa moi valioso, para obter o que realmente se desexa, ha de facerse así.

O contexto desta cínica afirmación son as Guerras de Relixión que arrasaron Francia no século XVI, cuxo fito máis famoso foi a matanza de San Bartolomé (24 de agosto de 1572) tras a cal Enrique abxurou da súa fe e, supostamente, dixo a frase de marras.

FONTE: Nacho Otero/Revista Muy Interesante