David Bueno i Torrens (Barcelona, 1965) é doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona. A súa traxectoria profesional e académica desenvolveuse en Barcelona e Oxford, e centrouse na xenética do desenvolvemento e a neurociencia, e a súa relación co comportamento humano. Dá clases de diversas materias do campo da xenética e publicou máis de cincuenta artigos científicos en revistas especializadas. No ámbito da divulgación científica, publicou sete libros para achegar a ciencia á cidadanía, así como varios libros de texto. En 2010 gañou o Premio Europeo de Divulgación Científica «Estudo Xeral».

FONTE: ca.wikipedia.org