20180121111822-heladera-whirlpool-wrw25aktww-02.jpg

Neveira / Imaxe: whirlpoolstore.com.co

A resposta á pregunta do día anterior é A TRASEIRA ERA MÁIS GRANDE CA DIANTEIRA.  O primeiro modelo de bicicleta inventado por Karl von Drais en 1817 tiña unha estrutura de madeira, a roda traseira era máis grande que a dianteira e avanzaba cando o condutor empuxábase cos pés, sen pedais. En 1839 apareceu a primeira bici a pedais da man de MacMillan, uns anos máis tarde chegou a "bone shaker" (axita-ósos), cunha roda dianteira moi grande na que ían colocados os pedais, e a finais do século XIX, cando as bicicletas xa tiñan un deseño máis seguro e cómodo e contaban con pneumáticos na rodas, naceu o ciclismo de competición.

E imos coa pregunta de hoxe...

10.    Xusto antes da aparición dun gran invento como a neveira, cal era o método de conservación de alimentos máis utilizado?

- Deshidratación

- Salgadura

- Conservas

 -Barreños de xeo

Maná a solución e unha nova proposta.

FONTE: nationalgeographic.com.es